Short Sunderland

Short Sunderland
Tipohidroavión de bombardeo e patrulla marítima
FabricanteShort Brothers
Deseñado porArthur Gouge
Primeiro voo15 de outubro de 1937
Introducido1938
Retirado1967
Principais usuariosRoyal Air Force
Mariña Nacional Francesa
Real Forza Aérea de Australia
Forza Aérea de Suráfrica
Real Forza Aérea de Nova Zelandia
Produción1938 - 1946
Unidades construídas749
VariantesShort Sandringham
Short Seaford

O Short Sunderland foi un hidroavión británico empregado para misións de bombardeo e patrulla marítima desenvolvido para a Royal Air Force por Short Brothers. Toma o seu nome da cidade e porto de Sunderland, no nordeste de Inglaterra.

Baseado en parte no hidroavión S.23 Empire, o principal avión de Imperial Airways, o S.25 foi amplamente redeseñado para o servizo militar. Foi un dos máis potentes e máis usados hidroavións da segunda guerra mundial, e estivo involucrado na loita contra a ameaza dos U-boats alemáns na Batalla do Atlántico. Os Sunderlands da RAF tamén estiveron en servizo na Guerra de Corea e retiráronse en 1959. Este avión permaneceu en activo na Royal New Zealand Air Force (RNZAF) ata 1967. Os Sunderlands convertidos para o uso civil, coñecidos como Short Sandringhams, continuaron operando ata 1974.