A Galipedia ten un portal sobre: China |
Shuo Yuan ou O xardín da elocuencia (chinés tradicional: 說苑; chinés simplificado: 说苑; pinyin: Shuōyuàn; Wade-Giles: Shuo yüan), tamén chamado O xardín das historias, O xardín da persuasión ou O xardín das conversas é unha escolma de historias e anécdotas. A data dos textos vai dende antes dos Qin até a dinastía Han do Oeste. Foron compiladas e anotadas polo bibliotecario imperial Liu Xiang (77-6 a.C.).[1] En moitos casos, inclúense múltiples versións da mesma historia, polo que o libro constitúe unha ferramenta valiosa para o estudo dos textos antigos.[1]