Silverado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Silverado |
Director | Lawrence Kasdan |
Produtor | Lawrence Kasdan |
Guión | Lawrence Kasdan Mark Kasdan |
Intérpretes | |
Música | Bruce Broughton |
Fotografía | John Bailey |
Montaxe | Carol Littleton |
Estudio | Delphi III Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 10 de xullo de 1985 |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern |
Orzamento | 23 millóns de dólares[1] |
Recadación | 32 192 570 dólares[2] |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/catalog/catalogDetail_DVD043396323612.html | |
Silverado é un filme estadounidense de 1985 producido e dirixido por Lawrence Kasdan, escrito por Kasdan e o seu irmán Mark. Está protagonizado por Kevin Kline, Scott Glenn, Danny Glover e Kevin Costner. O resto do elenco está comopsto por Brian Dennehy, Rosanna Arquette, John Cleese, Jeff Goldblum e Linda Hunt.
O filme foi producido por Columbia Pictures e Delphi III Productions, e distribuído nos cinemas por Columbia, e nos formatos de vídeo caseiro por Sony Pictures Home Entertainment. A banda sonora orixinal, composta por Bruce Broughton, foi estreada por Geffen Records. O 12 de novembro de 2005, lanzouse unha versión estendida da banda sonora con dous discos, lanzados polo selo Intrada Records.