Sinea diadema | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Sinea diadema é unha especie de hemíptero da familia Reduviidae. É un insecto bivoltino, depreda pequenos escaravellos e outros insectos e pasa o inverno en estado de ovo.[1]
O seu nome científico vén do hebreo, na que sinea significa 'arbiusto espiñento' ou 'arbusto ardente', mentres que diadema significa 'coroa'.[2]
O canibalismo non é común nesta especie. Porén, cando este ocorre xeralmente consiste en que femias grandes comen machos máis pequenos.[3](p551)
As femias poden poñer ata 412 ovos en condicións de laboratorio.[4](p514) Poñen os ovos formando grupos.[5](p94)
É nativa de América do Norte e atópase na parte centrooccidental en campos, a miúdo asociada con Solidago missouriensis Nuttall.[6] Atópanse xeralmente en praderías, xardíns e campos.[7]
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |