O sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS, siglas en inglés de European Rail Traffic Management System) un estándar europeo de seguridade do sector ferroviario.
O ERTMS ten dúas compoñentes:
O sistema europeo de control ferroviario (ETCS, European Train Control System), estándar para o control ferroviario.
O sistema global para as comunicacións móbiles nas vías de tren (GSM-R, Global System for Mobile Communications – Railway), un sistema de comunicacións de voz e datos tren-terra baseado no GSM pero con frecuencias propias.
O sistema está formado pola infraestrutura en terra, balizas e sinais, e os equipos que levan os trens.
En Europa existen catro anchos de vías diferentes, cinco sistemas de electrificación e vinte sistemas de xestión de sinalización e control. O sistema ERTMS foi primeiramente apoiado por España, Países Baixos e Suíza, países que non tiñan liñas de alta velocidade e sistemas propios.
As funcións de control dos trens está desenvolvido en cinco niveis:
ETCS Nivel STM: posibilita que un tren equipado con ETCS circule por liñas dotadas con outro sistema de protección, tanto europeo como o propio do país.[1]
ETCS Nivel 0: permite a circulación dun vehículo equipado por unha vía non equipada. Ocasionalmente pode ser complementado con ASFA.[1]
ETCS Nivel 1: Transmite información aos trens de xeito pasivo, por medio de balizas e sinais na vía ao paso do tren. Con este nivel xa se consegue unha supervisión continua e permite, nas liñas de alta velocidade españolas, desenvolver velocidades máximas de 300 km/h.[1]
ETCS Nivel 2: Introduce as funcionalides do nivel 1, engadindo a sinalización semafórica. Empregando o RBC (Radio Block Center) transmite a posición do tren na vía e informa do percorrido intercambiando información a través da radio. Mellora a capacidade da liña con respecto ao nivel 1, posibilitando -asemade- desenvolver, nas liñas de alta velocidade españolas, velocidades máximas de 350 km/h.[1]
ETCS Nivel 3: Determina de xeito activo a posición de cada tren na vía e con respecto aos demais trens. Este nivel permite suplementar a rede de balizas e a rede semafórica.
Os niveis 1 e 2 xa están operativos. O nivel 3 está previsto que entre en funcionamento en 2020[2].
En 2016 comezaron as obras de instalación das eurobalizas no Eixe Atlántico entre as estacións da Coruña, Vigo-Urzáiz e Vigo-Guixar, así como no ramal ao porto de Marín e nos tramos que conectan a terminal de mercadorías de San Diego cos anteriormente citados.[4]
↑Iglesias Díaz, Ignacio Jorge, Director de Investigación y Desarrollo de de ADIF. Ponencia "Interoperabilidad y ERTMS" presentada en la Asamblea de la Plataforma Tecnológica Ferroviaria Española, Madrid, 28 de maio de 2008.