Sitric Cáech

Modelo:BiografíaSitric Cáech

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor en Wikidata
Morte927 Editar o valor en Wikidata
Rei de Northumbria
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaUí Ímair (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEdith de Polesworth (926 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosGofraid mac Sitriuc, Aralt mac Sitric, Sitric II de Northumbria, Olaf Cuaran Editar o valor en Wikidata
ParentesÍmar, avó Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ivarsson-24

Sitric Cáech ou Sihtric Cáoch, chamado o Chosco (en irlandés antigo: Sihtric ua Ímair, en nórdico antigo Sigtrygg[1]), finado en 927, foi un líder nórdico-gaélico, monarca viquingo do reino de Dublín e máis tarde tamén de Jorvik (nome do reino de Northumbria so dominación viquinga)

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Sitric foi un dos netos de Ivar de Dublín, por tanto pertencía á dinastía nórdica coñecida como os Uí Ímair, que, xunto cos seus familiares Gofraid ua Ímair e Ragnall ua Ímair, sería moi influente e activa en Irlanda e o norte de Gran Bretaña[2].

Os Anais do Ulster amosan a chegada de dúas frotas viquingas a Irlanda en 917, unha liderada por Ragnall e a outra por Sitric, os dous da casa de Ívar[3], que loitaron contra Niall Glúndub, derrotaron as forzas locais e, segundo os anais, Sitric, a continuación, foi a "Ath Cliath", é dicir, Dublín, e debemos asumir polo que indican as fontes documentais, que tomou posesión da cidade[4]. O seu compañeiro, Ragnall ua Ímair, despois de conquistar Waterford, dirixirase cara a Escocia[5], e máis tarde conquistará Jorvik (agora York), onde foi proclamado rei.

Sitric loitou en varias batallas contra Niall Glúndub. Menciónase unha gran guerra nas crónicas de 918, e 919, Niall e moitos outros reis irlandeses morreron nunha gran batalla ás portas de Dublín[6]. Foi, probabelmente, a derrota máis devastadora dos irlandeses inflixida polo exército escandinavo.

Rei de Jorvik

[editar | editar a fonte]

O 920 ou 921, Sitric abandonou Dublín. Os cronistas indican que deixou o reino "co poder de Deus"[7], pero o certo é que, tras a morte do seu irmán Ragnall, pasou a ser rei de Jorvik. O seu outro irmán, Gofraid, estaba á fronte de Dublín.

Sitric atacou Mercia desde a fronteira co reino de Jorvik[8], e dirixiu os seus exércitos en Confey e noutras batallas.

Casou no ano 926 coa irmá do rei anglosaxón, Aethelstan, (probabelmente Editha de Polesworth)[9] nun movemento político deseñado polo mesmo Aethelstan, a fin de consolidar a súa influencia no norte do seu reino. Sitric morreu de súpeto, un ano máis tarde, en 927 e Aethelstan asumiu o trono do rei viquingo algúns anos máis tarde.

  1. Breeze, Andrew. «The Irish Nickname of Sitric Caoch (d. 927) of York, Saga-book of the Viking Society, 25» (en inglés) pp. 86-87, 1998-2001. [Consulta: 19 febreiro 2013]. Cáech ou Caoch non é un apelido, senón un alcuño que quere dicir 'chosco' en irlandés antigo.
  2. Downham, Clare. Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014 (en inglés). Edinburgh: Dunedin, 2007. ISBN 1-903765-89-0. 
  3. Os dous eran netos do mesmo home, polo tanto podían ser irmáns ou curmáns.
  4. do Ulster Anais do Ulster ano 917:3,4,5
  5. Anais do Ulster ano 918:4
  6. Anais do Ulster 918:6, 919:3
  7. Anais do Ulster ano 920.5
  8. «Sihtric (Norse King of York)» (en inglés). [Consulta: 18 febreiro 2013].
  9. «Who Was St. Editha? Arquivado 19 de outubro de 2012 en Wayback Machine.» (en inglés). [Consulta: 18 febreiro 2013].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]