Soiuz T-12 | |
---|---|
Selo conmemorativo da misión Soiuz T-21 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 17 de xullo de 1984, 17:40 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 11,80 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 7.[2][6] |
Regreso | 29 de xullo de 1984, 12:55 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1984-073A |
Masa | 7020,0 kg[2][5][6] |
Soiuz T-12 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 17 de xullo de 1984 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz T-12, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Vladimir Dzhanibekov, Svetlana Savitsakaya e Igor Volk a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso. Durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dunha cosmonauta, a tripulante Svetlana Savitskaya. O paseo durou 3 horas e 30 minutos, durante o cal probou unha ferramenta para cortar, soldar e puír superficies metálicas.[2][3][4][5]
Os cosmonautas regresaron o 29 de xullo de 1984 ás 12:55 GMT.[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz T-12 |