Soiuz TMA-03M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 21 de decembro de 2011, 13:16 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 192,79 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 1 de xullo de 2012, 8:14 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2011-078A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-03 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 21 de decembro de 2011 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Soiuz TMA-03M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Oleg Kononenko, André Kuipers e Donald Pettit a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante cerca de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1). Regresou o 1 de xullo de 2012 ás 8:14 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-03M estaba formada por Akihiko Hoshide, Iuri Malenchenko e Sunita Williams.[5][2]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-03M |