Sonic Youth (álbum)

Sonic Youth
EP de Sonic Youth
Data de edición: marzo de 1982
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: decembro de 1981 - xaneiro de 1982
Estudio(s) de gravación: Radio City Music Hall, Nova York
Duración: {{{duración}}}
Xénero musical: post-punk, no wave
Selo discográfico: Neutral Records
Producido por: Sonic Youth
Cronoloxía
- Sonic Youth Confusion Is Sex

Sonic Youth é o EP de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi gravado en 1981 no Radio City Music Hall, en Nova York, e editado polo selo de Glenn Branca, Neutral Records, en marzo de 1982. É a única gravación de Sonic Youth que conta co batería Richard Edson.

Reedicións

[editar | editar a fonte]

En 1987 SST Records reeditou o álbum no formato orixinal en vinilo, ademais de en casete cos cinco temas na primeira cara da cinta. A outra cara contaba cos mesmos temas, pero interpretados ao revés, do último ao primeiro, e tanto no libreto como no propio casete as cancións da cara b aparecían impresas como se se vise a través dun espello. Ese mesmo ano o EP foi publicado por vez primeira en CD, a través de SST nos Estados Unidos e de Blast First Records no Reino Unido.[1]

Geffen reeditou o EP no ano 2006 en CD e en dobre vinilo con 8 temas engadidos. 7 proceden dunha actuación en directo do día 18 de setembro de 1981, mentres que o último corte é unha é unha gravación de estudio dunha versión previa de "I Dreamed I Dream", gravada en outubro de 1981.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth (Thurston Moore, Kim Gordon, Lee Ranaldo, Richard Edson). 

Cara A
N.º TítuloLetrasVoces Duración
1. "The Burning Spear"  MooreMoore 3:28
2. "I Dreamed I Dream"  Edson, RanaldoGordon, Ranaldo 5:12
3. "She Is Not Alone"  MooreMoore 4:06
Cara B
N.º TítuloLetras Duración
4. "I Don't Want to Push It"  GordonMoore 3:35
5. "The Good and the Bad"  InstrumentalInstrumental 7:55
Cancións extra da reedición en CD de 2006
N.º TítuloLetrasVoces Duración
6. "Hard Work (Live)"  GordonMoore 3:19
7. "Where the Red Fern Grows (Live)"  InstrumentalInstrumental 5:47
8. "The Burning Spear (Live)"  MooreMoore 3:23
9. "Cosmopolitan Girl (Live)"  GordonGordon 3:35
10. "Loud and Soft (Live)"  RanaldoRanaldo 6:48
11. "Destroyer (Live)"  InstrumentalInstrumental 5:32
12. "She Is Not Alone (Live)"  MooreMoore 3:29
13. "Where the Red Fern Grows (Studio)"  InstrumentalInstrumental 6:45
  • As cancións extra graváronse ao vivo no Music for Millions Festival no New Pilgrim Theatre de Nova York o día 18 de setembro de 1981, agás a versión de estudio de "Where the Red Fern Grows", gravada en outubro dese ano segundo o libreto.
  1. "Discography - Sonic Youth". www.sonicyouth.com. Consultado o 2020-08-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]