(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cristina Ónega Salcedo 30 de novembro de 1977 (47 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade San Pablo CEU |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo e literatura |
Ocupación | presentadora de televisión, xornalista, escritora |
Familia | |
Pai | Fernando Ónega |
Irmáns | Cristina Ónega |
Premios | |
| |
Sonsoles Ónega Salcedo[1], nada en Madrid o 30 de novembro de 1977, é unha xornalista, presentadora de televisión e escritora española.
Filla do tamén xornalista Fernando Ónega e de Marisol Salcedo e irmá de Cristina Ónega, licenciouse en Xornalismo pola Universidade CEU San Pablo.
Especializada en medios audiovisuais, comezou a súa andaina profesional en CNN+. De aí pasou á cadea Cuatro. En 2008 incorporouse aos servizos informativos de Telecinco, onde durante dez anos exerceu como cronista parlamentaria, destacada no Congreso dos Deputados.
Desde 2018 até 2022, presentou o programa de sucesos da mesma cadea Ya es mediodía.[2]
Ademais, colaborou como analista político no espazo radiofónico La tarde de COPE.
En canto á súa faceta literaria, en 2004 publicou a novela curta Calle Habana, esquina Obispo. Seguiría Donde Dios no estuvo, sobre o 11-M. No entanto, o seu maior éxito foi a novela Después del amor (2017), ambientada na España da II República.[3] En 2023 gañou o Premio Planeta con Las hijas de la criada.[4]
En 2020, Sonsoles embarcouse en novo proxecto televisivo e foi a encargada de presentar as galas dominicais do seu primeiro reality, La casa fuerte un espazo de prime time.
Durante 2021 e 2022, presentou Ya son las ocho.[5]
En xullo de 2022, fichou por Atresmedia Televisión para presentar un novo proxecto en Antena 3 chamado Y ahora Sonsoles, estreado o 24 de outubro dese mesmo ano.[6]
En decembro de 2023 participa como colaboración especial nos capítulos 2773 e 2775 da última tempada da serie Amar es para siempre interpretando a Sonsoles, xefa de prensa do alcalde madrileño Tierno Galván.
Ao ser filla do galego nado en Pol Fernando Ónega, Galicia sempre foi o seu refuxio na infancia, a adolescencia e a madureza. Ao recoller o premio Planeta recalcou que era filla da maxia literaria galega e das lendas que percorren a terra.[7]
Casada desde 2008 co avogado Carlos Pardo Sanz, é nai de dous fillos.[8] En agosto de 2019 cesou a convivencia co seu marido e en 2020 deuse a coñecer a súa separación.[9]
É íntima amiga da raíña Letizia.
Ano | Programa | Canle | Notas |
---|---|---|---|
1999 - 2005 | Informativos | CNN+ | Redactora |
2005 - 2008 | Noticias Cuatro | Cuatro | Reporteira |
2007 | 11-M: La derrota de los embusteros | Presentadora | |
2008 - 2018 | Informativos Telecinco | Telecinco | Reporteira e cronista parlamentaria |
2018 - 2022 | Ya es mediodía | Presentadora | |
2020 | A propósito de Supervivientes | Presentadora | |
La casa fuerte | Presentadora | ||
Quijotes del siglo XXI | Presentadora | ||
2021 - 2022 | Ya son las ocho | Presentadora | |
2022 - presente | Y ahora Sonsoles | Antena 3 | Presentadora |
2023 - presente | Hablando en plata | Presentadora | |
2024 - presente | Lo tenemos que hablar | Presentadora |
Ano | Programa | Canle | Notas |
---|---|---|---|
2019 | Todo es mentira | Cuatro | Convidada |
2020 | Adivina qué hago esta noche | Convidada | |
Sálvame | Telecinco | Convidada | |
2021 | Volverte a ver | Convidada | |
Rocío, contar la verdad para seguir viva | Convidada | ||
2022 - 2023 | El hormiguero | Antena 3 | Convidada |
2022; 2024 | La Roca | Convidada | |
2022 | Pasapalabra | Convidada | |
Zapeando | La Sexta | Convidada | |
Tu tiempo con Roberto Brasero | Antena 3 | Convidada | |
Espejo público | Convidada | ||
Antena 3 Noticias | Convidada | ||
La ruleta de la suerte | Convidada | ||
2023 | Joaquín, el novato | Convidada |
Ano | Serie | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2023 | Amar es para siempre | Antena 3 | Sonsoles | 2 episodios |