Squanto

Modelo:BiografíaSquanto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1585 Editar o valor en Wikidata
Tribo patuxet, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1622 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Chatham, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMassachusetts Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónintérprete, guía Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 6873048 Editar o valor en Wikidata

Tisquantum (mellor coñecido como Squanto) (c. 1585 – novembro de 1622) foi un indio patuxet. Foi un dos nativos americanos que axudaron ós peregrinos do Mayflower durante o seu primeiro inverno no Novo Mundo, e foi vital para a súa supervivencia. A tribo patuxet era tributaria dos wampanoag.

Primeiros anos de vida e secuestro

[editar | editar a fonte]

A data exacta do nacemento de Squanto é descoñecida, pero moitos historiadores sitúana no 1 de xaneiro de 1580. No ano 1614, Tisquantum foi secuestrado polo inglés Thomas Hunt. Hunt foi un dos lugartenentes de John Smith, e a súa intención era vendelos nativos capturados xunto co pescado e o millo en Málaga, España. O prezo de cada nativo como escravo era de 20 libras [1]

Volta a Norte América

[editar | editar a fonte]

Algúns freires locais descubriron o que pretendía Hunt, e tomaron ós nativos americanos - incluído Tisquantum - co fin de instruílos na fe cristiá.[2] Tisquantum convenceu ós freires de que o deixaran regresar ó seu fogar. Arranxouse para chegar ata Londres, onde viviu e traballou con John Slany durante uns anos, un construtor de barcos que lle ensina a Tisquantum máis inglés. Slany levou con el a Tisquantum cando viaxou a Cuper's Cove, Newfoundland.[3]

Non foi ata o ano 1619 cando Tisquantum volveu ó seu fogar, uníndose a unha expedición exploratoria ó longo da costa de Nova Inglaterra, ó mando do capitán Thomas Dermer. Axiña descobre que os patuxet, ó igual que a maioría das tribos da costa (maioritariamente wampanoag e Massachusett), foran eliminadas o ano anterior por unha epidemia, posiblemente varíola ou leptospirose.[4] Os nativos americanos non tiñan inmunidade natural contra as enfermidades traídas polos europeos.

Interacción cos peregrinos

[editar | editar a fonte]

Tisquantum finalmente estableceuse cos colonos no lugar onde viviu o seu antigo pobo, que foi chamado Plymouth. Axudoulles a recuperarse dun primeiro inverno moi duro, ensinándolles o método nativo de cultivo do millo. Este método emprega pescado como fertilizante para os cultivos. Tamén lles ensinou outros métodos para recoller alimento e a pescar e cazar a fauna local.

Ó seu regreso dunha reunión para reparar as danadas relacións entre os wampanoag e os peregrinos, Tisquantum enfermou dunha febre. Algúns historiadores especularon sobre a posibilidade de que fora envelenado polos wampanoag, xa que se cría que fora desleal co líder da tribo.[5] Morreu poucos días despois en 1622 en Chatham, Massachusetts. Despois da súa morte, a paz entre os dous grupos durou cincuenta anos.

Na ficción

[editar | editar a fonte]
  • Tisquantum aparece no "The Mayflower Voyagers", un episodio de 1988 da miniserie This Is America.
  • O actor canadense Adam Beach interpreta a Tisquantum no filme Squanto: A Warrior's Tale.
  • O actor cree Kennetch Charlette, interprétao no episodio de Dear America A Journey to the New World.
  1. "Squanto". Roots Web. Consultado o 26 Jan 2012. 
  2. Sir Ferdinando Gorges, "A Brief Relation of the Discovery and Plantation of New England" (Londres: 1622)
  3. 1491. Mann, Charles C.
  4. Marr JS, Cathey JT. New hypothesis for cause of an epidemic among Native Americans, New England, 1616–1619. Emerg Infect Dis [serial on the Internet]. 2010 Feb. http://www.cdc.gov/EID/content/16/2/281.htm Arquivado 29 de xuño de 2011 en Wayback Machine. DOI: 10.3201/edi1602.090276
  5. Philbrick, Nathaniel: Mayflower, p. 138. Viking, 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]