Squilla mantis Galera | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Squilla mantis (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A galera,[Cómpre referencia] esquila ou esquila común,[1] Squilla mantis, é unha especie de crustáceo malacostráceo da subclase dos hoplocáridos, orde dos estomatópodos e familia dos esquílidos, unha das numerosas comprendidas no xénero Squilla.[2]
É un marisco que se pesca en grandes cantidades,[3] aínda que non é moi apreciado gastronomicamente, pese ao seu excelente sabor, debido a que posúe pouca carne.[4]
A especide foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Cancer mantis.[2]
Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
A galera pode chegar a alcanzar uns 200 mm de lonxitude.[5]
Presenta oito pares de apéndices no cefalotórax (pereiópodos), sendo os cinco primeiros fortes e curtos, terminados nunha uña curvada e adaptados para escavar.[5]
O segundo par é máis robusto e de maior lonxitude que o resto, e preséntase dentado con cinco espiñas.[5]
A súa coloración é amarela ferruxenta, parda clara ou cor salmón, con bordos azulados e avermellados, sendo de cor máis clara na zona ventral.[3]
Os ollos son verdosos, con manchas de cor púrpura rebeteadas de branco.[3]
Os ollos están sustentados por longos pedúnculos móbiles, e son moi complexos.[6]
Squilla mantis é unha espècie propia do mar Mediterráneo e do Atlántico noroeste.[2]
Encóntrase sobre fondos pedregosos ou lamacentos fangosos do litoral.[4]
A galera é un animal carnívoro. A súa dieta componse principalmente de peixes e doutros crustáceos.[5] Captura as súas presas utilizando o seu longo par de brazos, suxeitándoas coas afiadas espiñas ou golpeándoas coa grosa punta.[6]
A época da desova ten lugar entre maio e xuño.[3]
Squilla mantis é o único estomatópodo nativo que se pesca a escala comercial no Mediterráneo. Máis de 7 000 t captúranse anualmente, o 85% das cales se apañan nas costas italianas do mar Adriático.[7] Tamén se captura no mar Xónico, fronte a Sardeña, e fronte á costa de Cataluña e das Illas Baleares. Fóra do Mediterráneo, consómese en Andalucía, no golfo de Cádiz, que é de onde procede o nome vulgar de galera.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Squilla mantis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Squilla mantis |