Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1974 (50 anos) Gotemburgo, Suecia |
Educación | Musicians Institute (pt) International School of Luxembourg (en) |
Actividade | |
Ocupación | baixista, compositor de cancións, guitarrista |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo e indie rock |
Instrumento | Baixo, guitarra, voz, baixo, teclado e Batería |
Selo discográfico | Play It Again Sam |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | placeboworld.co.uk |
Stefan Olsdal, nado coma Stefan Alexander Bo Olsdal o 31 de marzo de 1974 en Gotemburgo (Suecia), é o baixista/guitarrista da banda de rock alternativo Placebo e tamén forma parte de Hotel Persona.
Olsdal trasladouse a Luxemburgo cando era novo e foi á American International School of Luxembourg xunto co seu compañeiro de banda Brian Molko (aínda que os seus camiños non se cruzaron nese momento). Olsdal comezou a tocar na orquestra da escola no ano 1987. Completou a educación secundaria en Suecia e mudouse a Londres cos seus pais, onde asistiu ao Musicians Institute.
Olsdal atopouse con Molko de casualidade no exterior da estación de metro de South Kensington. Os dous formaron Ashtray Heart, un dúo de lo-fi, tocando instrumentos de xoguete. Compuxeron catro temas, pero decidiron formar unha banda seria, polo que convidaron a Steve Hewitt que non podía estar na banda porque asinara con outro selo discográfico. Despois diso Olsdal convidou ao antigo compañeiro Robert Schultzberg (que nese momento atopábase estudando no Reino Unido) para que se unise como batería de Placebo (Hewitt substituiríao posteriormente).
Xunto con Molko está acreditado como coautor de todos os temas da banda ata a data (agás "Ashtray Heart" do álbum Battle for the Sun composta só por Molko), e como coprodutor de Black Market Music e algunhas caras-b.