O Supermarine Attacker é un caza a reacción embarcado británico deseñado e producido por Supermarine para o Fleet Air Arm (FAA) da Royal Navy. O tipo ten a distinción de ser o primeiro reactor en entrar en servizo coa FAA.[1]
Co obxectivo de introducir rapidamente reactores ao servizo da Armada, Supermarine propuxo adaptar o seu deseño máis avanzado de avión de pistóns, o Supermarine Spiteful, cunha nova fuselaxe para o motor Rolls-Royce Nene. Tras realizar o seu primeiro voo o 27 de xullo de 1946, o fase de probas de voo prolongouse moito tempo debido a varios problemas, como dificultades de manexo. Os primeiros Attacker entraron en servizo coa FAA en agosto de 1951.
Como lle pasou á meirande parte dos cazas a reacción de primeira xeración, o Attacker tivo unha vida de servizo relativamente curta antes de ser substituído; isto debeuse a avións a reacción cada vez máis avanzados que se desenvolveron rapidamente durante os anos 50 e 60. A pesar de ser retirado da FAA durante 1954, tan só tres anos despois da súa introdución, o Attacker sería adoptado pola nova Forza Aérea de Paquistán, que operou o modelo ata mediados dos anos 60.
- Type 392
- Prototipo de versión terrestre segundo a especificación E.10/44, pedido como un dos tres prototipos o 30 de agosto de 1944. Un construído que voou por vez primeira o 27 de xullo de 1946.[2]
- Type 398
- Prototipo da variante naval pedido o 30 de agosto de 1944. Un construído que voou por vez primeira o 17 de xuño de 1947.[2]
- Type 510
- Prototipo con ás e cola en frecha cuxo desenvolvemento levou ao Supermarine Swift.
- Type 513
- Segundo prototipo da variante naval segundo a especificación E.1/45 pedido o 30 de agosto de 1943. Un construído que voou por vez primeira o 24 de xaneiro de 1950.[2]
- Type 398 Attacker F.1
- Variante de produción con motor Nene 3. 63 pedidos o 29 de outubro de 1948 e construídos en South Marston. 50 fabricáronse como F.1, tras cancelarse dous, e os últimos 11 construíronse como FB.1. O primeiro voo do F.1 de produción foi o 4 de abril de 1950.[2]
- Attacker FB.1
- Os derradeiros 11 avións de produción F.1 construíronse como FB.1 xunto cun avión adicional pedido o 27 de marzo de 1950 para substituír a un aparello destruído nun voo de proba.[2] O FB.1 fora modificado a partir do deseño orixinal para permitirlle levar foguetes ou bombas baixo as ás.
- Attacker FB.2
- Variante actualizada de cazabombardeiro con motores Nene 102. Realizáronse tres pedidos que sumaron en total 84 unidades, todas elas fabricadas en South Marston.[2]
- Attacker Mk.538
- Variante de cazabombardeiro baseado en terra equipado con motores Rolls-Royce Nene 4, feira especialmebte para exportar á Real Forza Aérea de Pakistán. Fabricáronse 36 sendo o primeiro entregado en 1953.[1]
- ↑ 1,0 1,1 Bingham 2004, p. 109
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Sturtivant 2004, pp. 562-572.
- Bingham, Victor. Supermarine Fighter Aircraft. Ramsbury, UK: The Crowood Press, 2004. ISBN 1-86126-649-9.