Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Santander | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 261 km² | |||
Altitude | 1.934 m | |||
Sitio web | surata-santander.gov.co… |
Suratá é un concello colombiano, situado no departamento de Santander. Atópase a 1.740 metros sobre o nivel do mar e a súa temperatura media anual é de 19 °C. Ten unha superficie de 348 km²[1] e unha poboación de 3 295 habitantes (2015).[2]
A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é de 45 km. Está dividida en catro correxementos: El Filo, Turbay, Cachirí, e El Mohan. No seu territorio tivo lugar a batalla de Cachirí.
Situado na parte norte do concello Suratá, está conformado por sete vereas que son Santa Rosa, Mesalla, El Centro, San Isidro, El Mineral, Las Abejas e Cartagena. Este correxemento ten dús vías de acceso que o comunican co concello de El Playón, Rionegro, e a outra vía comunícao con Suratá, Matanza, California, Veta, Tona, Charta; polas dúas vías pódese chegar á cidade de Bucaramanga. No correxemento prodúcese: arracacha, yuca, plátano, mora, curuba, panela e café, entre outros. Tamén se celebran as feiras na honra da Virxe de Guadalupe, nos días 12, 13, 14 e 15 de decembro.
Situado no correxemento de Turbay, foi fundado o 23 de novembro de 1996. O seu primeiro reitor foi Antonio Villamizar, o cal compuxo o himno do colexio. Este colexio leva o nome na honra de Francisco San Juan, o cal doou o terreo onde se construíu. No ano 2009, graduouse a primeira promoción do colexio. O seu reitor actual é Alex Eduardo Angarita Gómez.