Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) |
Redactora xefe AGU Advances (en) | |
2019 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Estado da Califórnia (pt) Universidade Columbia University of Delaware (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Biogeoquímica (pt) , Xeoquímica e xeoloxía |
Ocupación | climatóloga, xeoquímica, xeóloga, editora literaria, profesora universitaria |
Empregador | Universidade da Califórnia em Irvine (pt) Max Planck Institute for Biogeochemistry (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Sitio web | bgc-jena.mpg.de… |
Susan Trumbore é unha científica do sistema terrestre estadounidense cuxa investigación se centra en comprender o ciclo do carbono e o seu impacto no clima. É directora do Instituto Max Planck de Bioxeoquímica en Jena[1] e profesora de Ciencias do sistema da Terra na Universidade de California, Irvine e profesora honoraria na Universidade Friedrich Schiller.[2]É membro da Unión Americana de Xeofísica, da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e da Academia Europaea. Foi galardoada coa Medalla Benjamin Franklin.
Trumbore obtivo a súa licenciatura en Xeoloxía na Universidade de Delaware en 1981 e o seu doutoramento en Xeoquímica na Universidade de Columbia en 1989.Completou a súa formación posdoctoral no Instituto Federal de Tecnoloxía Suízo de Zürich e o Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.[2] Uniuse á facultade da Universidade de California, Irvine (UCI) en 1991.[1][3][2]
É profesora de Ciencia do sistema da Terra en UCI, codirectora de W.M. Keck Carbon Cycle Accelerator Mass Spectrometry Facility, e directora da oficina de UCI do Instituto de Xeofísica e Física Planetaria[1].
En 2009 foi nomeada directora do Instituto Max Planck de Bioxeoquímica en Jena.[4]
Trumbore é membro do equipo do Collaborative Research Center AquaDiva e de iDiv.[5] É co-coordinadora do proxecto de investigación conxunto brasileiro/alemán na Amazonía ATTO.[6]É a investigadora principal do proxecto 14Constraint, financiado por unha subvención avanzada do Consello Europeo de Investigación.[7][8][9]