![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1949 ![]() San Lorenzo, Paraguai ![]() |
Educación | Universidade Nacional de Asunción Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista, poetisa ![]() |
![]() ![]() |
Teresita de Jesús Delgado Salinas, máis coñecida como Susy Delgado,[1] nada en San Lorenzo, Paraguai, o 20 de decembro de 1949, é unha socióloga, escritora, narradora, xornalista e poeta bilingüe guaraní - española. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura do seu país.[2][3]
Rematou os seus estudos secundarios en San Lorenzo. É licenciada en Medios de Comunicación pola Universidade Nacional de Asunción. É posgraduada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.
Cultivou o xornalismo, sendo columnista do xornal La Nación de Asunción. En 1984, obtivo a “Mención de Honra” no Certame de Poesía organizado polos Amigos da Arte. En 1985 foi seleccionada como finalista do I Encontro Hispanoamericano de Mozos Creadores, en Madrid. En 2016 foi finalista do Premio Municipal de Literatura.[4] En 2017 gañou o Premio Nacional de Literatura por Yvytu yma.
É membro da Academia da Lingua Guaraní.
É a tradutora da obra de Rosalía de Castro ao guaraní.[5][6][7]
As súas obras foron traducidas ao inglés e ao portugués. Tamén ten poemas incluídos en antoloxías, revistas e suplementos literarios nacionais e estranxeiras.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susy Delgado ![]() |