Suínos Suinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sus barbatus no zoo de San Diego (San Diego) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
A dos suínos (Suinae)[1] é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos que inclúe a algúns dos membros vivos da familia dos súidos e os seus parentes máis achegados, o porco doméstico e especies afíns, tales como as babirusas.
Varias especies extintas dos súidos clasifícanse noutras subfamilias diferentes. Porén, a clasificación dos membros extintos dos suoideos —grupo máis amplo (superfamilia) que inclúe os súidos, a familia dos pecarís (Tayassuidae) e outras especies relacionadas extintas— é controvertida e diferentes clasificacións varían no número de subfamilias dentro dos súidos e nas especids que inclúen.[2]
Algunhas clasificacións, como a proposta polo paleontólogo Jan van der Made en 2010, incluso exclúen dos Suinae algúns taxons existentes doos súidos, colocando estes taxa excluídos noutras subfamilias.[3]
Na terceira edición (2005) de Mammals Species of the World, que trata só de formas recentes, Peter Grubb segue esta clasificación:[4]