Tarence Kinsey

Modelo:BiografíaTarence Kinsey

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Tampa, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónThomas Jefferson High School (en) Traducir
Universidade de Carolina do Sur Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo21 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Fenerbahçe Ülker
Memphis Grizzlies
Victoria Libertas Pesaro
Anadolu Efes S.K.
Cleveland Cavaliers
BC Nizhny Novgorod
2002–2006 South Carolina Gamecocks men's basketball

Twitter: TK_Kinsey Editar o valor en Wikidata

Tarence Anthony Kinsey, nado o 21 de marzo de 1984 en Tampa (Florida) é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga na posición de ala. Formado como xogador na Universidade de South Carolina, destacan entre os seus logros a nivel individual destcan o seu nomeamento como Rookie do Mes da Conferencia Oeste da NBA ou MVP das Finais da Liga Turca. Con vaias temporadas en equipos da NBA e a Euroliga, tamén posúe moitas distincións a nivel colectivo, como tres Ligas e dúas Copas turcas, unha Liga do Adriático, unha Liga de Serbia e unha Liga de Israel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Nado Tampa, Florida, Kinsey formouse no Instituto Thomas Jefferson da súa cidade natal e posteriormente durante catro anos na Universidade de Carolina do Sur. A súa actuación no seu ano freshman non foi moi destcábel, promediendo 2,1 puntos por partido cun 36% de acerto no lanzamento e un 37,7 % en lanzamentos libres. Porén, nas dúas seguintes temporadas o seu rendemento aumentou de forma considerábel, onde fixo unha media de máis de 8 puntos por encontro con moito mellores porcentaxes. O salto deuno na súa última tempada, onde estivo atinxiu unha media de 15,8 puntos con 45,3% no lanzamento. Axudou aos Gamecocks de Carolina do Sur a alzarse con dous campionatos NIT consecutivos. É de destacar a súa actuación nos torneos do NIT, onde fixo unha media de 19,4 puntos, 4,2 rebotes, 3,2 asistencias e 2,6 roubos por partido, cunha porcentaxe en lanzamentos de campo do 53%. Da súa etapa universitaria é recordado o seu partido na final do NIT no seu ano júnior onde o seu equipo xogaba contra a Universidade de St. Joseph. Cado equdaban menos de seis segundos para a finalización do entontro, co partido empatado a 57, Kinsey recibiu un pase, percorreu toda a pista e lanzou de tres a falta de 1,3 segundos para dar o título o seu equipo (60–57).

Tras presentarse o Draft da NBA de 2006, onde non foi escollido, foi contratado polos Memphis Grizzlies como axente libre. Os seus primeiros meses na NBA pasaron sen pena nin gloria, mais os últimos dous valeronlle para gañarse un nome na liga. No mes de marzo fixo unha media de 9,9 puntos por partido, mentres que en abril aumentou até os 18,8 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias por encontro. Destcaron os seus partidos ante os Minnesota Timberwolves, onde fixo 22 puntos, 9 rebotes, 7 asistencias e 3 roubos, e ante os Golden State Warriors e Denver Nuggets, onde anotou en ambos encontros 28 puntos. Este rendemento valeulle para ser nomeado Mellor Xogador Rookie do mes de Abril.[1] Na seguinte temporada, na que viuxou cos Grizzlies ao NBA Europe Live Tour en España, xogou tan só 11 partidos, nos que fixo unha media de 3,6 puntos e 1,1 rebotes en escasos minutos. Despois de ser despedido do equipo de Memphis, asinou un contrato co Fenerbahçe Ülker da BSL turca. Alí fixo unha media de 9,2 puntos por encontro en 14 partidos, sendo peza chave para a obtención do título de Liga. Ademais, contribuíu a que o seu equipo acadase os cuartos de final da Euroliga con 8,8 puntos (49,2% en lanzamentos de campo) e 2,8 rebotes por encontro. Tras finalizar a temporada regresou á NBA, asinando contrato cos Cleveland Cavaliers. Nos primeiros partidos de liga non participu no xogo, mais a súa contribución aumentou despois das lesións de Delonte West e Sasha Pavlović. Con todo, el acabou tamén por lesionarse e cando regresou foi nas mesmas condicións que ao comezo da campaña.

Tras finalizar a campaña na NBA, regresa a Europa e ao Fenerbahçe Ülker turco. No equipo de Istanbul volveu gañar a Liga, esta vez en dúas ocasións máis. De feito, no ano 2010, no que supoñía o seu terceiro título de Liga, foi nomeado MVP das Finais. Despois de tres anos no Fenerbahçe, en xullo de 2011 foi contrato por outro dos equipos importantes do baloncesto otomán, o Anadolu Efes (antes coñecido como Efes Pilsen). Despois de facer unha boa temporada, tenta regresar á NBA, asinando cos Golden State Warriors. Porén, finalmente non é contratado para xogar a Liga. Posteriormente, Kinsey regresa por terceira vez a Europa, aínda que esta vez o seu destino foi Italia, onde asinou co Scavolini Pesaro da Serie A. No Lega fixo unha media de 12,4 puntos por encontro até que en abril asina co Unicaja Málaga da Liga ACB para disputar a fin de temporada. No ano seguinte asina un ano de contrato co Partizan de Belgrado.[2] Alí destacou tanto polos seus números como polas súas espectaculares xogadas. Destacan no aspecto anotador o 32 puntos anotados ante o Lokomotiv Kuban da Euroliga, aportando ademais 5 puntos e 3 roubos. Os seus números en Euroliga foron de 14,8 puntos (moi cerca do máximo anotador da Euroliga) e 4,6 rebotes por partido. Despois de lesionarase cara ao final da temporada, non renova o seu contrato e acaba asinando polo tamén equipo de Euroliga Nizhny Novgorod. No equipo ruso volve a brillar en Euroliga con 13,8 puntos e 5,1 rebotes por partido. Ao ano seguinte o equipo non disputou a Euroliga, aínda que no mes de decembro regresa á competición ao asinar polo Crvena zvezda (Estrela Vermella) de Belgrado. En 2016 asina polo Hapoel Jerusalem, onde xoga dúas temporadas nas que é a peza fundamental para que o equipo gañe o título de Liga, rompendo a exemonia do Maccabi Tel Aviv. Tras finalizar a súa etapa no equipo israelí, o 1 de setembro de 2018 asina polo Cafés Candelas Breogán da Liga ACB.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Lenda
  PX Partidos xogados   PT  Partidos titular  MPP  Minutos por partido
 TC%  Porcentaxe en lanzamentos de campo  3P%  Porcentaxe en lanzamentos de 3  TL%  Porcentaxe en lanzamentos libres
 RPP  Rebotes por partido  APG  Asistencias por partido  RoPP  Roubos por partido
 TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  PIR  Valoración media
 Bold  Máximo na súa carreira
Líder da Liga

Liga regular

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo PX PT MPP TC% 3P% TL% RPP APP RoPP TPP PPP
2006−07 Memphis 48 12 20.1 .457 .283 .796 2.0 .9 1.1 .0 7.7
2007−08 Memphis 11 0 8.7 .421 .429 .833 1.1 .2 .3 .0 3.6
2008−09 Cleveland 50 3 5.5 .449 .389 .868 .8 .2 .2 .0 2.0
Carreira 109 15 12.3 .453 .324 .817 1.3 .5 .6 .0 4.7
Ano Equipo PX PT MPP TC% 3P% TL% RPP APP RoPP TPP PPP
2009 Cleveland 9 0 1.2 .333 .000 1.000 .2 .0 .1 .0 .4
Carreira 9 0 1.2 .333 .000 1.000 .2 .0 .1 .0 .4
Ano Equipo PX PT MPP TC% 3P% TL% RPP APP RoPP TPP PPP PIR
2007–08 Fenerbahçe 12 0 22.0 .402 .226 .727 2.8 .8 1.4 .2 8.8 7.6
2009–10 Fenerbahçe 10 8 24.7 .474 .400 .731 3.0 1.3 1.1 .1 10.1 9.9
2010–11 Fenerbahçe 14 2 22.3 .485 .250 .645 2.8 1.1 1.4 .1 8.4 8.0
2011–12 Anadolu Efes 9 7 25.0 .417 .278 .692 3.8 1.1 1.6 .4 8.2 8.0
2013–14 Partizan 16 13 31.6 .429 .355 .821 4.6 1.6 1.8 .4 14.8 14.2
2014–15 Nizhny Novgorod 17 16 30.9 .415 .370 .786 5.1 1.8 1.6 .2 13.8 13.6
2015–16 Crvena zvezda 16 15 23.2 .312 .129 .878 2.2 1.1 1.4 .2 9.6 8.1
Carreira 94 61 25.6 .376 .294 .776 3.5 1.4 1.4 .2 10.9 9.7

Ligas domésticas

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Liga PX MPP TC% 3P% FT% RPP APP RoPP TPP PPP
2007-08 Fenerbahçe Ülker TBL 14 21.0 .415 .366 .727 4.8 .8 1.2 .1 9.2
2009-10 36 23.2 .488 .381 .728 3.8 1.3 1.5 .1 9.5
2010-11 20 20.4 .427 .225 .813 3.1 1.5 1.3 .0 5.9
2011-12 Anadolu Efes S.K. 28 21.8 .520 .373 .765 3.0 1.5 1.0 .2 8.1
2012-13 Scavolini Pesaro Lega A 16 29.6 .466 .209 .875 6.6 1.0 2.1 .3 12.4
Unicaja Málaga Liga ACB 5 14.8 .286 .000 .750 3.2 .6 1.4 .2 2.2
2013-14 Partizan NiS Adriatic League 20 30.0 .472 .357 .787 4.5 2.1 2.1 .4 13.2
2014-15 BC Nizhny Novgorod VTB United League 32 26.6 .421 .453 .794 3.8 2.4 1.5 .2 12.6
Ano Equipo PX PT MPP TC% 3P% TL% RPP APP RoPP TPP PPP
2002–03 South Carolina 20 3 8.8 .360 .071 .375 .8 .6 .2 .0 2.2
2003–04 South Carolina 33 25 21.9 .402 .318 .700 3.2 1.3 1.1 .2 8.3
2004–05 South Carolina 32 31 26.4 .394 .387 .667 3.4 1.6 1.3 .4 8.9
2005–06 South Carolina 38 37 34.8 .453 .378 .843 4.6 2.3 1.6 .3 15.8
Carreira 123 96 24.9 .421 .357 .817 1.3 .5 .0 .6 9.8
  1. "Tarence Kinsey Named Western Conference Rookie Of The Month". nba.com (en inglés). 
  2. "Partizan tabs Euroleague veteran Kinsey". euroleague.net. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2013. Consultado o 02 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]