Tauro Sport Auto

Tauro Sport Auto
TipoSociedade Anónima
Fundación2010
LocalizaciónValladolid, España
Persoas clavePedro Julián Santos Perandones
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil deportivo
Na rede
http://www.tauro.eu
Facebook: TauroSportAuto Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tauro Sport Auto é un fabricante español de automóbiles superdeportivos de luxo con sede en Valladolid,[1] fundado en 2010,[2] cando un grupo de empresarios españois uníronse cun fabricante británico de vehículos de competición para crear a compañía.[3]

O seu modelo máis popular é o Tauro V8, fabricado de forma artesanal,[4] con motor base de General Motors e catro variantes Spider, Cupé, Saeta e Portago. Sendo os seus mercados principais a Unión Europea, Rusia, Emiratos Árabes Unidos, Chinesa e América.[5]

En 2010, varios empresarios españois, entre eles Pedro Julián Santos Perandones, e un fabricante británico de vehículos de competición uníronse creando a compañía con sede en Valladolid. Recuperando así a tradición española de automóbiles deportivos de luxo que a principios do século XX abandeiraba a empresa Hispano-Suiza.

Como o resto de automóbiles superdeportivos, os Tauro, teñen prestacións altamente superiores ás dos demais automóbiles, achegándose a niveis de competición, por esta mesma razón prodúcense en pequenas series e baixo pedido, con gran parte do seu proceso de fabricación feito a man.

Tauro Sport Auto V8 Spider durante a Feira TRAMO en IFEMA (Madrid).
Motor V8 nun Tauro Sport Auto V8 Spider.
Modelo Anos de lanzamento e de fabricación Nº de cilindros Potencia (CV) Cilindrada (cc) Velocidade máxima (km/h) Lugar de fabricación
V8 Spider 2012-act 8 440/480/530 6162 295 España
V8 Coupé 2013-act 8 440/480/530 6162 España
V8 Saeta 2013-act 8 440/480/530 6162 España
V8 Portago 2014-act 8 440/480/530 6162 España
  1. "Tauro V8 Spider, "made in Valladolid"". ABC (en castelán). 2012. Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  2. Carlos A. Sánchez (2012). "Tauro V8 Spider: salvaje y brutal". El Mundo (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  3. Javier Onrubia (2012). "Tauro V8 Spider: deportividad y lujo made in Spain". Motor.es (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  4. "Tauro V8 Spider: Nace o "Lamborghini" español". eleconomista.es. 2012. 
  5. "Tauro Sport Auto fabrica coches exclusivos en Valladolid". castillayleoneconomica.es. 2012. 
  6. "Tauro Sport Auto Modelos". tauro.eu. 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]