Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1253 (Gregoriano) (<1253) ![]() Trebisonda, Turquía ![]() |
Morte | 1285 (Gregoriano) (>1285) ![]() Sinope, Turquía ![]() |
Emperatriz de Trebisonda | |
1284 – 1285 ← Xoán II de Trebisonda – Xoán II de Trebisonda → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política, monxa cristiá ![]() |
Familia | |
Pais | Manuel I de Trebisonda ![]() ![]() |
Irmáns | Xurxo, emperador de Trebisonda Andrónico II de Trebisonda Xoán II de Trebisonda ![]() |
Teodora Comnena (en grego: Θεοδώρα Μεγάλη Κομνηνή, Theodōra Megalē Komnēnē), nada antes de 1253 e finada despois de 1285, foi emperatriz de Trebisonda de 1284 a 1285. Foi unha filla do emperador Manuel I de Trebisonda coa súa segunda esposa, Rusudan, unha princesa xeorxiana.
En 1284, coa axuda do rei xeorxiano de Imereti, David VI Narin logrou apoderarse da coroa do seu medio irmán, o emperador Xoán II. Pouco despois foi derrotada e Xoán recuperou o seu trono, pero lograra reinar o tempo suficiente para cuñar as súas propias moedas. Xa sexa antes ou despois do seu curto reinado, Teodora foi monxa.