Un terçon é unha división xeográfica propia do Val de Arán. Estivo vixente dende a concesión da Querimònia en 1313 ata a abolición en 1834 coa nova división provincial. Mantívose tradicionalmente como elemento identitario e restaurouse en 1990 como circunscrición electoral para o Consello Xeral de Arán.
O nome de terçons ven de que inicialmente eran tres demarcacións: Garòs, Vielha e Bossòst. Os tres terçons correspondíanse coas tres áreas xeográficas do val: Naut Aran (Alto Arán), Mijaran (Medio Arán) e Baish Aran (Baixo Arán). No século XVI cada terçon subdividiuse en dous subterçons que continuaron chamándose terçons:
A Querimònia, outorgada por Xaime o Xusto en 1313, establecía o Consello Xeral de Arán como órgano de goberno propio formado por representantes de cada terçon. Os Decretos de Nueva Planta non suprimiron os foros do Val de Arán, pero disminuíron significativamente a autonomía de goberno. Coa división provincial de 1833 o territorio integrouse na provincia de Lleida, coa conseguinte supresión do Consello Xeral e a substitución dos terçons por municipios.
Aínda que quedaron sen función administrativa, os terçons continuaron manténdose de forma tradicional entre os habitantes do val como referente identitario e con valor simbólico. En 1977, durante a Transición Española, constituíuse unha asociación popular co nome de Es Terçons para defender os intereses araneses no Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979.
A Lei 16/1990 sobre o réxime especial do Val de Arán restituíu a estrutura administrativa tradicional, superposta á estrutura municipal. Nas eleccións ao Consello Xeral de Arán cada terçon elixe, ademais, os conselleiros. Cun total de 13, cada terçon ten asignado un número de conselleiros segundo o número de habitantes.
Terçon | Concellos | Entidades de poboación | Conselleiros |
---|---|---|---|
Castièro | Vielha e Mijaran | Escunhau, Casarilh, Betren, Vielha, Gausac e Casau | 4 |
Quate Lòcs | Bossòst, Les, Canejan e Bausen | 3 | |
Pujòlo | Naut Aran | Tredòs, Bagergue, Montgarri, Salardú, Unha e Gessa | 2 |
Arties e Garòs | Naut Aran | Arties e Garòs | 1 |
Irissa | Vilamòs, Arres e Es Bòrdes | 1 | |
Marcatosa | Vielha e Mijaran | Vilac, Aubèrt, Betlan, Mont, Montcorbau, Arròs e Vila | 1 |