O Thüringer Bachwochen (en galego Semanas Bach de Turinxia) é un festival de música barroca en honor ao compositor Johann Sebastian Bach. É o maior festival de música clásica de Turinxia, Alemaña. O seu director artístico dende 2004 é o organista da Catedral de Erfurt Silvius von Kessel.
En 1992, celebrouse por primeira vez o Thüringer Bachwochen. Despois de ser abandonado, foi recuperado en 2005, comezando coa fundación do novo programado e reorganizado Thuringia Bach Festival e. V..[1] Dende aquela, converteuse nun importante festival de música. A inclusión de lugares auténticos relacionados con Bach faino único máis aló de Turinxia. En 2011 o Thüringer Bachwochen recibiu o premio de mercadotecnia Leuchttürme der Tourismuswirtschaft outorgado pola industria do turismo,[2] e en 2012 o Tourismuspreis por parte do goberno de Turinxia.[3] O 50 % dos 15.800 visitantes ese ano eran turistas.
Buscouse achegar a música clásica aos máis novos coa creación dos concertos denominados Generation Bach. Isto foi feito por exemplo coa inclusión de concertos crossover en sedes infrecuentes do festival (Variacións Goldberg con DJ e cantante gospel, cine, concertos en escolas, entre outros).
Polo festival teñen pasado destacados artistas como Ton Koopman, Olivier Latry, a Cappella Amsterdam, Martin Stadtfeld, Sol Gabetta, os Berliner Barock Solisten, o Collegium Vocale Gent dirixido por Philippe Herreweghe, o Tölzer Knabenchor e o Dresdner Kreuzchor.
As sedes do festival varían cada ano. Entre elas están: