The Addams Family (videoxogo)

The Addams Family
Desenvolvedor(es)Ocean Software
Distribuidora(s)Ocean Software
Flying Edge (Sega)
Lanzamento1992
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Master System, Sega Mega Drive / Genesis, Super NES, Amiga, Atari ST
editar datos en Wikidata ]

The Addams Family é un videoxogo de plataformas baseado no filme de 1991 do mesmo nome desenvolvido por Ocean Software en 1992. O xogo foi publicado para as consolas Master System, Sega Mega Drive / Genesis, Super NES, Amiga e Atari ST.

Ocean lanzou moitas versións para outras plataformas con diferentes niveis e xogabilidade. Unha versión foi creada para Sega Master System, Nintendo Entertainment System e Sega Game Gear, sendo a última adaptada a Acclaim Entertainment. Un terceiro título foi desenvolvido para Game Boy, e un cuarto para Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum.

En tódalas versións, o xogador controla a Gomez Addams que tenta rescatar ós outros membros da familia Addams.