The Associates | |
---|---|
Orixe | Dundee, Escocia |
Período | 1979 - 1990 1993 |
Xénero(s) | post-punk, synthpop, pop experimental, new wave |
Selo(s) discográfico(s) | Fiction Records, Situation Two, WEA, Circa Records, Virgin Records |
Membros | Billy MacKenzie Alan Rankine John Sweeney John Murphy Michael Dempsey Steve Goulding Martha Ladly Martin Lowe Ian McIntosh Steve Reid Roberto Soave Jim Russell Stephen Knight Howard Hughes Moritz Von Oswald |
Artistas relacionados | The Ascorbic Ones, Mental Torture |
Na rede | |
http://www.billymackenzie.com e http://www.billymackenzie.com/ | |
The Associates (ou sinxelamente Associates) foi unha banda escocesa de post-punk formada en Dundee en 1979 polo vocalista Billy MacKenzie e o guitarrista Alan Rankine. O grupo comezou a gañar recoñecemento tras publicar unha versión non autorizada do tema de David Bowie "Boys Keep Swinging" como sinxelo de estrea en 1979, o cal lles conseguiu un contrato co selo Fiction Records.[1] Posteriormente apareceu o seu álbum de estrea, The Affectionate Punch, en 1980 e a colección de sinxelos Fourth Drawer Down en 1981, ámbolos dous traballos loubados pola crítica.[1]
No ano 1982 conseguiron o éxito comercial co álbum Sulk e os sinxelos "Party Fears Two" e "Club Country", e durante ese tempo foron asociados ao movemento New Pop.[2] Rankine deixou o grupo ese ano, deixando a MacKenzie gravar co nome de The Associates ata 1990.[1] A banda reuniuse brevemente en 1993. MacKenzie suicidouse no ano 1997.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Affectionate Punch | 1980 | Fiction Records |
Sulk | 1982 | Beggars Banquet Records |
Perhaps | 1985 | WEA |
Wild and Lonely | 1990 | Circa Records |