The Beatles: Eight Days a Week | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Beatles: Eight Days a Week |
Director | Ron Howard |
Produtor |
|
Guión | Mark Monroe |
Intérpretes | |
Música | The Beatles |
Montaxe | Paul Crowder |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | / 15 de setembro de 2016 |
Duración | 97 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Documental |
Orzamento | 5 millóns de dólares[2] |
Recadación | 12,3 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.thebeatleseightdaysaweek.com/ | |
The Beatles: Eight Days a Week – The Touring Years é un filme documental británico-estadounidense de 2016 dirixido por Ron Howard. Trata sobre a carreira de The Beatles durante os seus anos de xiras internacionais entre 1962 e 1966, dende as súas actuacións no Cavern Club en Liverpool ao seu derradeiro concerto en San Francisco en 1966.
Estreouse nos cinemas do Reino Unido e dos Estados Unidos o 15 de setembro de 2016, e estreouse en Hulu o 17 de setembro de 2016.
O filme foi producido coa colaboración dos Beatles superviventes Paul McCartney, Ringo Starr, xunto con Yoko Ono e Olivia Harrison, viúvas de John Lennon e George Harrison.[3][4] Ademais de dirixir o documental, Ron Howard tamén traballou como produtor xunto a Brian Grazer, Nigel Sinclair e Scott Pascucci.[5] Escrito por Mark Monroe, o filme foi editado por Paul Crowder.[5] Marc Ambrose exerceu como produtor supervisor.
O proxecto do filme foi anunciado por Hulu o 4 de maio de 2016 como a súa primeira adquisición documental, como parte dunha colección planificada de Hulu Documentary Films.[4] Estreouse nos cinemas o 15 de setembro, antes de estrearse no servizo de streaming o 17 de setembro.[5]