The Book of Life | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Book of Life |
Director | Jorge R. Gutierrez |
Produtor | Aaron Berger Brad Booker Guillermo del Toro Carina Schulze[1] |
Guión | Jorge R. Gutierrez Doug Langdale |
Intérpretes | Diego Luna Zoe Saldana Channing Tatum Christina Applegate Ice Cube Ron Perlman Kate del Castillo |
Música | Gustavo Santaolalla |
Montaxe | Ahren Shaw[1] |
Estudio | Reel FX Creative Studios 20th Century Fox Animation |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Os Ánxeles: 12 de outubro de 2014 17 de outubro de 2014 |
Duración | 95 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos[3][4] |
Xénero | Animación |
Orzamento | $50 000 000[5] |
Recadación | $99 800 000[5] |
Na rede | |
http://www.bookoflifemovie.com/ | |
The Book of Life é un filme estadounidense de 2014 producido por Reel FX Creative Studios e distribuído por 20th Century Fox. Foi coescrito e dirixido por Jorge R. Gutierrez, e foi producido por Aaron Berger, Brad Booker, Guillermo del Toro e Carina Schulze.[1] Está protagonizado polas voces de Diego Luna, Zoe Saldana, Channing Tatum, Christina Applegate, Ice Cube, Ron Perlman e Kate del Castillo. Baséase nunha idea orixinal de Gutierrez,[6] e conta a historia dun toureiro mexicano, que no día de mortos, comeza unha aventura para cumprir as expectativas da súa familia e amigos.
Estreouse nos Ánxeles o 12 de outubro de 2014, e nos cines dos Estados Unidos o 17 de outubro de 2014. Recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro na categoría de mellor filme animado. Conseguiu unha recadación de $99 millóns sobre un orzamento de $50 millóns.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Book of Life |