The Christmas Chronicles 2 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Christmas Chronicles 2 |
Director | Chris Columbus |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Personaxes de Matt Lieberman David Guggenheim |
Intérpretes | |
Música | Christophe Beck |
Fotografía | Don Burgess |
Montaxe | Dan Zimmerman |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 25 de novembro de 2020 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e Nadal |
Filme anterior | The Christmas Chronicles |
Na rede | |
https://www.netflix.com/it/title/80988988 | |
The Christmas Chronicles 2 é un filme estadounidense de 2020 dirixido e producido por Chris Columbus, quen escribiu o guión xunto con Matt Lieberman. É o segundo título da serie de filmes The Christmas Chronicles, sendo unha continuación do título de 2018. Está protagonizado por Kurt Russell que retoma o seu papel como Santa Claus.[1] Tamén retoman os seus papeis do filme anterior Goldie Hawn, Darby Camp, Judah Lewis e Kimberly Williams-Paisley, e os novos membros do elenco son Julian Dennison, Jahzir Bruno, Tyrese Gibson, Sunny Suljic, Darlene Love e Malcolm McDowell. O filme tivo unha estrea limitada nos cinemas antes de ser estreado en liña a través de Netflix o 25 de novembro de 2020.