The Culling | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Xaviant |
Distribuidora(s) | Xaviant |
Director(es) | Michael McMain |
Produtor(es) | Josh Van Veld Zain Naqvi |
Deseñador(es) | Steve Caywood Tim Lindsey |
Artista(s) | Chris Brown Dan Brown Sean Campell Tim Hendrixson Michael Howard Derek Mabson Kevin Murphy |
Compositor(es) | Britt LaReau |
Motor | Unreal Engine 4 |
Lanzamento | 2016 |
Xénero | Disparos en primeira persoa |
Modos de xogo | Multixogador |
Plataforma(s) | Linux Microsoft Windows Xbox One |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Culling é un videoxogo de combate en primeira persoa de estilo "battle royal" desenvolvido por Xaviant. O xogo foi estreado por Steam Early Access o 24 de marzo de 2016 para Microsoft Windows e Linux.
Os xogadores atópanse nunha pequena illa chea de varias trampas e construcións. Durante o xogo, os participantes na loita poden interactuar con covas, pontes, gas velenoso, barrís explosivos e outros obxectos. Completando diferentes tarefas como sobrevivir uns poucos minutos, desprazarse unha certa distancia ou interactuar coa contorna, os xogadores reciben "F.U.N.C". F.U.N.C é a moeda empregada no xogo para crear ou mellorar os equipamentos.
The Culling foi deseñado por Xaviant para ser desfrutado por xogadores e por aqueles que ven a partida.