The Descent | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Descent |
Director | Neil Marshall |
Produtor | Christian Colson |
Guión | Neil Marshall |
Intérpretes | Shauna Macdonald Natalie Mendoza Alex Reid Saskia Mulder MyAnna Buring Nora Jane Noone |
Música | David Julyan |
Fotografía | Sam McCurdy |
Montaxe | Jon Harris |
Estudio | Celador Films Northmen Productions |
Distribuidora | Pathé (Europa) Lionsgate (Norte América) |
Estrea | 2005 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Terror |
Orzamento | £3.500.000 |
Na rede | |
http://www.thedescentfilm.com | |
The Descent é un filme británico dirixido por Neil Marshall que se estreou no 2005.
Seis amigas reúnense nunha remota montaña para emprender unha expedición espeleolóxica. Juno é a líder que dirixe a aventura. Os outras rapazas son as medio irmás Rebecca e Sam, Holly e Beth, unha profesora de inglés que vai para cuidar de Sarah, que acaba de perder ó seu home e fillo nun accidente de automóbil. O grupo queda atrapado nunha cova cando unha rocha se desprende e bloquea a saída. Mentres buscan outra forma de saír no medio dun labirinto, son perseguidas por unha especie humanoide que se adaptou a vivir na escuridade das covas.