The Last Guardian | |
---|---|
Logo do videoxogo. | |
Desenvolvedor(es) | genDESIGN[1] SIE Japan Studio |
Distribuidora(s) | Sony Interactive Entertainment |
Director(es) | Fumito Ueda |
Produtor(es) | Yasutaka Asakura |
Deseñador(es) | Fumito Ueda |
Compositor(es) | Takeshi Furukawa |
Lanzamento | Xapón: 6 de decembro de 2016 Europa: 7 de decembro de 2016 |
Xénero | Acción e aventuras |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | PlayStation 4 |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Last Guardian, ou en xaponés Hitokui no Ōwashi Trico (人喰いの大鷲トリコ Hitokui no Ōwashi Toriko?) é un videoxogo desenvolvido por genDESIGN e SIE Japan Studio, e publicado por Sony Interactive Entertainment para PlayStation 4. O xogo foi deseñado e dirixido por Fumito Ueda, e comparte elementos estilísticos, temáticos e do modo de xogo dos seus anteriores traballos, Ico (2001) e Shadow of the Colossus (2005).[2] En The Last Guardian, o xogador toma o control dun rapaz que se fai amigo dunha criatura metade paxaro metade mamífero xigante, Trico, e xuntos terán que escapar dos gardas que os buscan ós dous.