The Magnetic Fields | |
---|---|
Orixe | Boston, Massachusetts, |
Período | 1989 - presente |
Xénero(s) | indie pop, synthpop |
Selo(s) discográfico(s) | Feel Good All Over, Merge, Nonesuch |
Membros | Stephin Merritt Claudia Gonson Sam Davol John Woo Shirley Simms |
Antigos membros | Susan Anway |
Na rede | |
houseoftomorrow.com | |
The Magnetic Fields é unha banda estadounidense de indie pop fundada e liderada por Stephin Merritt. El é o principal compositor, produtor e vocalista do grupo, ademais de tocar varios instrumentos. The Magnetic Fields é esencialmente o vehículo artístico de Merritt, xunto con outros proxectos, como The 6ths, Future Bible Heroes e The Gothic Archies. Aínda que o particular estilo da banda é normalmente tan maleable como a forma de compoñer de Merritt, as súas cancións son normalmente catalogadas como synthpop, indie pop e noise pop.
A banda publicou o seu sinxelo de estrea (e tamén o máis coñecido), "100,000 Fireflies", en 1991, cun son típico dos seus primeiros tempos caracterizado polos sintetizadores de Merritt e as voces de Susan Anway (e posteriormente do propio Stephin Merritt dende o EP House of Tomorrow en diante). Unha banda máis tradicional materializouse máis tarde, actualmente formada por Merritt, Claudia Gonson, Sam Davol e John Woo, con voces ocasionais de Shirley Simms. O seu traballo máis coñecido é o álbum conceptual en tres volumes 69 Love Songs. Foi seguido nos seguintes anos pola triloxía "sen sintes" i (2004), Distortion (2008) e Realism (2010).