The Monk and the Gun | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Monk and the Gun |
Director | Pawo Choyning Dorji |
Produtor | Pawo Choyning Dorji Feng Hsu Stephanie Lai Jean-Christophe Simon Janee Pennington-Watson |
Guión | Pawo Choyning Dorji |
Intérpretes | Tandin Wangchuk Deki Lhamo Pema Zangmo Sherpa Tandin Sonam Harry Einhorn Choeying Jatsho Tandin Phubz Yuphel Lhendup Selden Kelsang Choejay |
Música | Frederic Alvarez |
Fotografía | Jigme Tenzing |
Montaxe | Hsiao Yun-Ku |
Estudio | An Amandala Production CNC Aide aux cinémas du monde – Institut Français Closer Media Dangphu Dingphu: A 3 Pigs Production Films Boutique Journey to The East Films N8 Studios The Jim Henson Company Tomson Films Visions Sud Est Wooden Trailer Productions |
Distribuidora | Pyramide Distribution (Francia)[1] Roadside Attractions (Estados Unidos de América)[2] Films Boutique (Internacional)[3] |
Estrea | Telluride: 1 de setembro de 2023 2 de febreiro de 2024 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Bután Francia Estados Unidos Taiwán |
Xénero | Drama |
Na rede | |
The Monk and the Gun é un filme butanés de 2023 escrito, coproducido e dirixido por Pawo Choyning Dorji.[4] Está protagonizado por Tandin Wangchuk, Deki Lhamo, Pema Zangmo Sherpa, Tandin Sonam, Harry Einhorn, Choeying Jatsho, Tandin Phubz, Yuphel Lhendup Selden e Kelsang Choejay.[5] É unha coprodución entre Bután, Francia, os Estados Unidos e Taiwán.[6]
Foi escollido como candidato de Bután para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[7] chegando a clasificarse na lista curta de decembro.[8]
Ambientado no ano 2006, o Reino de Bután busca converterse nunha democracia e para iso deciden facer unhas eleccións. Como exercicio de adestramento, os funcionarios gobernamentais organizan unhas eleccións simuladas. Na vila de Ura, un vello lama ordena a un monxe que consiga un par de armas para afrontar o cambio inminente do reino. Mentres tanto, un coleccionista estadounidense de armas antigas desembarca en Bután na procura dun valioso rifle que caeu nas mans do monxe.[9][10]