The Need for Speed | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Pioneer Productions EA Canada |
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Produtor(es) | Hanno Lemke |
Artista(s) | Markus Tessmann |
Lanzamento | 1994 |
Xénero | Carreiras |
Modos de xogo | Un xogador, Multixogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | 3DO, DOS, PlayStation, Sega Saturn |
Serie | Need for Speed |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Road & Track Presents: The Need for Speed, estreado no Xapón como Over Drivin', é un videoxogo de carreiras de 1994. Foi estreado nun comezo para 3DO e despois foi adaptado para DOS, PlayStation e Sega Saturn. É o primeiro xogo da serie Need for Speed. A premisa do xogo xira arredor de carreiras deportivas de coches, alén de conseguir modelos exóticos e importacións xaponesas.
O xogo salientou polo seu realismo e os comentarios de vídeo e son. Electronic Arts reuniuse coa revista automobilística Road & Track para coñecer o comportamento dos vehículos, incluíndo a imitación dos sons feitos polos vehículos. O xogo tamén contén información precisa do vehículo, diversas imaxes "estilo revista" dos interiores e exteriores de cada coche e unha pequena curta destacando as características do vehículo.