The Nut Job | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Nut Job |
Director | Peter Lepeniotis |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Surly Squirrel de Peter Lepeniotis |
Intérpretes | |
Música | Paul Intson |
Montaxe | Paul Hunter |
Estudio |
|
Distribuidora | Open Road Films |
Estrea | Os Ánxeles: 11 de xaneiro de 2014 17 de xaneiro de 2014 |
Duración | 86 minutos[2][3] |
Orixe | Estados Unidos Canadá Corea do Sur |
Xénero | Canadá |
Orzamento | $43 000 000[4] |
Recadación | $120 900 000[5] |
Na rede | |
|
The Nut Job é un filme de 2014 de animación por ordenador dirixido por Peter Lepeniotis, quen tamén escribiu o guión a carón de Lorne Cameron. Está protagonizado polas voces de Will Arnett, Brendan Fraser, Gabriel Iglesias, Jeff Dunham, Liam Neeson e Katherine Heigl. Stephen Lang, Maya Rudolph e Sarah Gadon tamén prestan a súa voz nos papeis secundarios. O filme baséase na curtametraxe animada de 2005 de Lepeniotis Surly Squirrel.[6] Producido por Gulfstream Pictures, Redrover International e ToonBox Entertainment,[7] foi estreado nos Estados Unidos o 17 de xaneiro de 2014, por Open Road Films.[8] Cun orzamento de $43 millóns, é o filme de animación máis caro producido en Corea do Sur.[4] O filme recadou $64,3 millóns en América do norte, cun total de $120,9 millóns recadados en todo o mundo.
Unha secuela, titulada The Nut Job 2: Nutty by Nature, foi estreada o 11 de agosto de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Nut Job |