The Possession | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Possession |
Director | Ole Bornedal |
Produtor | Sam Raimi Robert Tapert J. R. Young |
Guión | Juliet Snowden Stiles White |
Intérpretes | Natasha Calis Jeffrey Dean Morgan Kyra Sedgwick |
Música | Anton Sanko |
Montaxe | Raph Adiao |
Estudio | Ghost House Pictures North Box Productions |
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | 2012 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $14 000 000[1] |
Recadación | $78 515 363 |
Na rede | |
The Possession é un filme estadounidense de terror dirixido por Ole Bornedal, que se estreou no 2012.
O filme comeza cunha muller maior intentando abrir unha estraña caixa. Antes diso, pon música clásica e faise con auga bendita e un martelo. Antes de poder destruír a caixa, é violentamente lanzada por toda a habitación por unha forza invisible. Cando entra o seu fillo, este atópaa inconsciente no chan. Días despois, no xardín da súa casa, celébrase un mercado de barrio. A pequena Emily e o seu pai mercan "a caixa" e lévana á casa. A partir dese intre, comezan a ocorrer sucesos moi estraños: multitude de avelaíñas invaden a súa casa, a nena ten cada vez peor aspecto e reacciona con agresividade ante calquera cousa. O pai, sospeitando que a caixa está relacionada con estes feitos, visita a un rabino que lle di que a caixa contén un espírito demoníaco que consumirá á súa filla a menos que consigan devolvelo á caixa mediante un exorcismo.