The Simpsons: Bart vs. the World | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Imagineering Arc Developments |
Distribuidora(s) | Acclaim Entertainment |
Compositor(es) | Mark Van Hecke Andi McGinty |
Lanzamento | 1991 |
Xénero | Acción e plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Amiga, Atari ST, Game Gear, Nintendo Entertainment System, Sega Master System |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Simpsons: Bart vs. the World é un videoxogo de acción e plataformas baseado na franquía The Simpsons e que contén moitos elementos da serie de televisión. Foi publicado en 1991 para a Nintendo Entertainment System, e despois en 1993 para Amiga, Atari ST, Game Gear e Sega Master System. No xogo, o xogador controla a Bart que viaxa por todo o mundo nunha busca de tesouros contra o Mr. Burns. O xogo recibiu críticas diversas dende a súa estrea.