The Simpsons: Bartman Meets Radioactive Man | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Imagineering (NES) Teeny Weeny Games (Game Gear) |
Distribuidora(s) | Acclaim Entertainment (NES) Flying Edge (Game Gear) |
Compositor(es) | Mark Van Hecke |
Lanzamento | 1992 |
Xénero | Acción e plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | NES Sega Game Gear |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Simpsons: Bartman Meets Radioactive Man é un videoxogo de plataformas publicado por Acclaim en 1992 para Nintendo Entertainment System (NES) e Sega Game Gear. Desenvolvido por Imagineering, o xogo está protagonizado por Bart Simpson nunha misión para rescatar ó seu ídolo secuestrado, Radioactive Man.[1] Bartman Meets Radioactive Man recibiu críticas negativas, sobre todo ós controis do modo de xogo.