The War on Drugs | |
---|---|
Adam Granduciel de The War on Drugs | |
Orixe | Filadelfia (Pensilvania), |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | indie rock, Americana, shoegazing, neopsicodelia, new wave, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Secretly Canadian, Atlantic Records |
Membros | Adam Granduciel David Hartley Robbie Bennett Charlie Hall Jon Natchez Anthony LaMarca |
Antigos membros | Kurt Vile Kyle Lloyd Mike Zanghi Steven Urgo Patrick Berkery |
Na rede | |
thewarondrugs.net | |
The War on Drugs é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Filadelfia (Pensilvania) e formado no ano 2005. O grupo está composto por Adam Granduciel (voces, guitarra), David Hartley (baixo), Robbie Bennett (teclados), Charlie Hall (batería), Jon Natchez (saxofón) e Anthony LaMarca (guitarra).
Fundada por Granduciel e Kurt Vile, The War on Drugs publicou o seu álbum de estrea, Wagonwheel Blues, en 2008. Vile marchou pouco despois para centrarse na súa carreira en solitario. O segundo traballo, Slave Ambient, editouse en 2011 coa aclamación da crítica e unha extensa xira de presentación.
Composo e gravado tras esa xira e un período de soidade e depresión de Granduciel, o terceiro disco da banda, Lost in the Dream, foi lanzado no ano 2014 cunha gran aclamación da crítica e aumentando a súa exposición ao público. O anterior colaborador Charlie Hall uniuse ao grupo como batería no proceso de gravación, co saxofonista Jon Natchez e o guitarrista Anthony LaMarca acompañando á banda na súa xira mundial.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Wagonwheel Blues | 2008 | Secretly Canadian |
Slave Ambient | 2011 | Secretly Canadian |
Lost in the Dream | 2014 | Secretly Canadian |
A Deeper Understanding | 2017 | Atlantic Records |
I Don't Live Here Anymore | 2021 | Atlantic Records |
EP | Ano | Selo |
---|---|---|
Barrel of Batteries | 2007 | Secretly Canadian |
Future Weather | 2010 | Secretly Canadian |