Timeline | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Timeline |
Director | Richard Donner |
Produtor | Richard Donner Lauren Shuler Donner Jim Van Wyck |
Guión | Jeff Maguire George Nolfi |
Baseado en | Timeline de Michael Crichton |
Intérpretes | Paul Walker Frances O'Connor Gerard Butler Billy Connolly |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | Caleb Deschanel |
Montaxe | Richard Marks |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2003 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $80 000 000[1] |
Recadación | $43 935 763 |
Na rede | |
http://www.timelinemovie.com/ | |
Timeline é un filme estadounidense dirixido por Richard Donner que se estreou no 2003. Baséase na novela Timeline de Michael Crichton.
No corazón do fermoso e histórico val de Dordoña (Francia), un equipo de estudantes de arqueoloxía e o seu mestre, esfórzanse por descubrir as ruínas dun castelo do século XIV. Para o profesor Edward Johnston (Billy Connolly), o proxecto representa a culminación dos seus soños. Coa axuda do profesor adxunto Andre Marek (Gerard Butler), do seu fillo Chris (Paul Walker) e dos seus alumnos Kate (Frances O’Connor), Stern (Ethan Embry) e François (Rossif Sutherland), Johnston fixo grandes progresos non só na escavación do castelo de La Roque senón tamén na dun mosteiro e outras estruturas do pobo de Castlegard. Pero as cousas están a piques de estragarse. O profesor Johnston ten sospeitas sobre o benefactor da escavación - a empresa International Technology Corporation, encabezada por Robert Doniger (David Thewlis) – e diríxese a Novo México en busca de respostas. Mentres está fora, os estudantes descobren unha cámara que leva selada máis de 600 anos. Marek e Kate conseguen entrar dende enriba e xusto antes de que se afunda o teito descobren dous sorprendentes obxectos – uns lentes e unha nota suplicando axuda datada no 2 de abril de 1357.