Tiple

Tiple.

O tiple é un instrumento cordófono de pequeno tamaño pertencente á familia da guitarra. Ten 10 ou 12 cordas de aceiro, en catro cursos. Considérase o instrumento nacional de Colombia[1]. Os seus inicios déronse nos límites dos departamentos de Santander e Boyacá. Utilízase no acompañamento de ritmos típicos do interior do país como o bambuco e o corredor. Tamén se emprega como acompañante da tradicional troba antioqueña, un canto improvisado.

  1. Ley 997 de 2005 de Colombia que declara el tiple instrumento nacional de Colombia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]