Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Guipúscoa | ||||
Capital | Tolosa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 331,4 km² | ||||
Tolosaldea é unha comarca do leste de Guipúscoa, en Euskadi. Engloba os concellos situados nos arredores da principal localidade da zona, Tolosa, que tamén é a capital da comarca.
Limita polo norte con Donostialdea, polo oeste con Urola Kosta, polo sur con Goierri e polo leste con Navarra, concretamente coa comarca de Leitzaldea.
O seu nome en éuscaro significa literalmente "a zona de Tolosa". A comarca xira arredor da localidade de Tolosa, que é o seu concello máis importante e fai as funcións de capital comarcal. Historicamente sempre foi así, e de feito todos os concellos que forman a comarca pertenceron no pasado á xurisdición da vila de Tolosa, da que se foron separando paulatinamente.
A comarca tamén era coñecida como Beterri, que significa en éuscaro "Terra Baixa", en contraposición coa comarca de Goierri ("Terra Alta") situada ao sur. Este nome está actualmente en desuso.
O eixo principal da comarca é o val do río Oria, no seu curso medio. Seguindo este eixe de norte a sur están os principais núcleos de poboación da comarca: Aduna, Villabona, Zizurkil, Irura, Anoeta, Tolosa, Ibarra, Alegia e Ikaztegieta. Trátase dun eixo atravesado por importantes vías de comunicación como a autovía A-1 e liña de ferrocarril Madrid-Irún. Trátase dunha zona moi urbanizada e bastante conxestionada.
O resto dos concellos da comarca atópanse en vales laterais de ríos afluentes do Oria, como son o val de Aiztondo, o do Araxes, o de Berastegi ou o de Amezketa. Estes concellos son, en liñas xerais, máis pequenos e de carácter rural.
Cidade | Extensión (km²) |
Poboación 2014 (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Abaltzisketa | 11,18 | 329 | 29,43 |
Aduna | 6,95 | 471 | 67,77 |
Albiztur | 3,43 | 327 | 95,34 |
Alegia | 7,59 | 1.744 | 229,78 |
Alkiza | 11,87 | 373 | 31,42 |
Altzo | 9,77 | 400 | 40,94 |
Amezketa | 20,58 | 968 | 47,04 |
Anoeta | 4,14 | 1.893 | 457,25 |
Asteasu | 16,76 | 1.523 | 90,87 |
Baliarrain | 2,70 | 130 | 48,15 |
Belauntza | 3,43 | 260 | 75,80 |
Berastegi | 45,90 | 1.056 | 23,01 |
Berrobi | 2,77 | 568 | 205,05 |
Bidania-Goiatz | 13,37 | 524 | 39,19 |
Elduain | 25,07 | 239 | 9,53 |
Gaztelu | 9,15 | 171 | 18,69 |
Hernialde | 4,17 | 350 | 83,93 |
Ibarra | 5,03 | 4.256 | 846,12 |
Ikaztegieta | 2,00 | 464 | 232,00 |
Irura | 2,99 | 1.671 | 558,86 |
Larraul | 5,90 | 260 | 44,07 |
Leaburu | 3,50 | 373 | 106,57 |
Lizartza | 12,33 | 640 | 51,91 |
Orendain | 5,95 | 193 | 32,44 |
Orexa | 5,85 | 123 | 21,03 |
Tolosa | 37,39 | 18.936 | 506,45 |
Villabona | 17,74 | 5.888 | 331,91 |
Zizurkil | 15,61 | 2.997 | 191,99 |
322,78 | 47.127 | 146,00 |
A principal actividade económica da comarca é a industrial, onde ten unha maior tradición a industria papeleira. Tolosa concentra a maior parte dos equipamentos, servizos e comercios da zona, aínda que as boas comunicacións fan que os concellos da zona norte se despracen á capital provincial, Donostia.
A actividade industrial concéntrase no eixe que une Tolosa e Andoain. Os concellos situados nas zonas laterais teñen unha actividade rural moi acusada.