![]() (2008) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 ![]() Koźle, Polonia ![]() |
Educación | Universidade Centroeuropea Uniwersytet Śląski w Katowicach Universidade de Ciências Sociais e Humanidades (pt) ![]() North-West University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencia política ![]() |
Ocupación | historiador, profesor universitario, politicólogo ![]() |
Empregador | Universidade de St Andrews ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | st-andrews.ac.uk… ![]() |
Tomasz Kamusella, nado en 1967 en Koźle, é un historiador e politicólogo polaco, especialista nas relacións entre política lingüística, nacionalismo e etnicidade.
Graduouse en filoloxía inglesa na Universidade de Silesia, e realizou estudos de posgrao en literatura inglesa na Universidade de Potchefstroom (Suráfrica) e de estudos europeos no campus de Praga da Universidade Centroeuropea. Doutorouse en ciencias políticas no Instituto Occidental de Poznań, Polonia e logrou a habilitación en estudos culturais na Universidade de Ciencias Sociais e Humanidades de Varsovia.
Entre 1995 e 2007 deu clases na Universidade de Opole en Polonia, e de 2002 a 2006 realizou investigación posdoutoral no Instituto Universitario Europeo de Florencia, no Centro John W. Kluge da Biblioteca do Congreso en Washington, D. C., no Instituto de Ciencias Humanas de Viena[1] e no Herder-Institut de Marburg. Entre 2007-10 foi profesor visitante e ensinou historia europea centroriental e polaca e mais política no Trinity College de Dublín[2] en 2010-11 na Universidade de Economía de Cracovia[3] e en 2011 traballou no Centro de Investigación Eslavo da Universidade de Hokkaido en Sapporo.[4]. Dende 2011 imparte clases na Escola de Historia da Universidade de St Andrews, St Andrews en Fife (Escocia)[5]
The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe (2008)— a principal síntese de Kamusella sobre historias, nacionalismos e linguas na Europa central e do leste— recibiu eloxios nas principais revistas académicas[6][7][8][9], e mais tamén de Timothy Snyder de Yale e Peter Burke de Cambridge.[10]
En 1996 converteuse no plenipotenciario de integración europea de Opole, e de 1999 a 2002 foi asesor de asuntos internacionais da autoridade rexional de Opole. En colaboración coa Universidade de Opole, entre 1997 e 2001 logrou do Consello de Europa o finaciamento para a creación do Centro de Documentación Europeo en Opole para a difusión do acervo comunitario entre a poboación rexional e que conformou a base para a fundación do departamento de dereito da Universidade de Opole. En 1998, no marco do Programa de Visitantes da Unión Europa, acudiu á Comunidade Autónoma de Galicia o que permitiu a sinatura o ano seguinte dun acordo de cooperación entre Galicia e a rexión de Opole.[11]
authoritative … comprehensive and pioneering … an indispensable source of empirical material … highly significant and is unlikely to be surpassed in its breadth and erudition for a long time to come.