Epónimo | Castell de Torre Baró (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Distritos (pt) | Nou Barris | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.923 (2021) (1.651,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,77 km² | ||||
Torre Baró é un barrio que forma parte do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. É un dos barrios máis singulares dese distrito.
Xurdiu a mediados do século XX nunha parte da serra de Collserola de diferentes iniciativas de urbanización en forma de cidade xardín que non prosperou. A zona, que nun principio ía ser residencial, converteuse nun barrio de autoconstrución, a causa das necesidades de vivenda de moitas persoas chegadas doutros lugares de España durante as décadas de 1950 e 1960.
A construción inacabada do castelo de Torre Baró, na cima da serra, converteuse nun símbolo do distrito. Construído durante a primeira década do século pasado, tiña como finalidade converterse nun hotel dentro do proxecto de urbanización da zona residencial. Pero o nome do barrio provén da antiga torre chamada Torre del Baró, construída no século XVI pola familia Pinós ao lado da estrada de Ribes e destruída en 1714. Unha segunda torre foi levantada no mesmo lugar en 1797 e derrubada en 1967 cando se construíu a avenida Meridiana.
En febreiro de 2006 o alcalde Joan Clos inaugurou a ponte do Congost, que conecta os barrios de Torre Baró e Vallbona, por enriba das vías do tren e da AP-7, cunha beirarrúa ampla para viandantes e un corredor de bicicletas.[1]
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre Baró |