Touch Me I'm Sick

«Touch Me I'm Sick»
sinxelo de Mudhoney
Lanzamento 1 de agosto de 1988
Formato {{{formato}}}
Gravada marzo de 1988
Xénero musical grunge
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:23
Discográfica Sub Pop
Produtor(es) Jack Endino
Escritor(es)
Cronoloxía
«-» «Touch Me I'm Sick» «"Touch Me I'm Sick/Halloween
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Touch Me I'm Sick" é unha canción da banda estadounidense de grunge Mudhoney. Foi gravada en marzo de 1988 nos estudios Reciprocal Recording de Seattle coa produción de Jack Endino. "Touch Me I'm Sick" foi editada como sinxelo de estrea de Mudhoney o día 1 de agosto de 1988 a través do selo Sub Pop.

Cando foi lanzada, "Touch Me I'm Sick" foi un éxito no circuíto independente, e aínda hoxe en día segue sendo a canción máis coñecida da banda. As distorsionadas e difuminadas guitarras, os berridos das voces, a contundente liña de baixo e a batería enérxica que lle imprimía ao conxunto un son sucio influíu a moitos músicos locais, axudando a desenvolver a escena grunge de Seattle.

Orixe e gravación

[editar | editar a fonte]

Segundo Mark Arm, vocalista de Mudhoney, "Touch Me I'm Sick" orixinouse nunha discusión co dono de Sub Pop Bruce Pavitt, "[Pavitt] dixo: 'Hei, cantades sobre cans. Cantades sobre estar enfermo. Tedes o voso estilo, e levaravos cara a cima.' E el basicamente deunos cinco acordes, pero dixo que non usásemos máis de tres na canción"[1]. Arm tamén dixo que "Touch Me I'm Sick" era un slogan ao redor do cal Mudhoney construíu unha canción[2].

Mudhoney gravou o tema no estudio Reciprocal Recording en marzo de 1988, tres meses despois da formación da banda. O produtor Jack Endino sorprendeuse polo ruidosas que foron as sesións e por como de sucias quería p grupo que soasen a guitarras; "durante a maior parte do tempo, mantívenme en segundo plano e deixei que eles o fixesen"[3]. O guitarrista Steve Turner dixo que a banda elixiu dúas das súas cancións máis "grunxeiras" para o sinxelo[4]. Inicialmente, "Sweet Young Thing Ain't Sweet No More" ía ser a cara-A e "Touch Me I'm Sick" a cara-B, antes de que, en palabras do batería Dan Peters, "todo fose desordeado"[5].

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Sinxelo 7" (SP18)

As dúas cancións son acreditadas a Mark Arm, Steve Turner, Dan Peters e Matt Lukin.

  1. "Touch Me I'm Sick" – 2:23
  2. "Sweet Young Thing Ain't Sweet No More" – 3:35
  1. Successful in Seattle: Turning Grunge to Gold - The New York Times (en inglés)
  2. Azerrad, p. 426
  3. "Left of the Dial". Episodio 6, Seven Ages of Rock. BBC Worldwide e VH1 Classic. 2007.
  4. Higgins, JR. "Mudhoney: No Nonsense Seattle Supergrunge". Backlash. Decembro 1988.
  5. Ehrbar, Joe. "In Fuzz We Trust: Mudhoney". The Rocket. Xaneiro do 2000.