O Trambesòs é a denominación que recibe a rede de tranvía xestionada por Trammet que une Sant Adrià de Besòs coa cidade de Barcelona. Foi inaugurado o 8 de maio de 2004.
A ruta comeza ao lado do Parc de la Ciutadella de Barcelona e vai en sentido Besòs chegando ata a estación de tren de Sant Adrià de Besòs, aínda que nun primeiro momento só funcionaba entre Glòries e Estació de Sant Adrià.
As liñas do Trambesòs teñen algúns tramos en común. A ruta T4 inicia o seu percorrido en Ciutadella|Vila Olímpica e acaba na Estació de Sant Adrià. A T5 empeza en Glòries onde enlaza coa T4 e finaliza o seu percorrido en Gorg. A T6 comparte parte do seu percorrido tanto coa T4 como coa T5 xa que enlaza Gorg (T5) con Estació de Sant Adrià (T4) mediante unha bifurcación para pasar por la Mina.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |