Transgender Victoria | |
---|---|
Tipo | organización non gobernamental e organização transgénero |
Área de operación | Victoria |
Data de fundación | 1990 |
País | Australia |
Na rede | |
http://transgendervictoria.com | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Transgender Victoria (TGV) é unha organización voluntaria para a defensa das persoas transxénero, os seus socios, familias e amigos. Promove a xustiza social, a equidade e os servizos de saúde e comunidade para as persoas transxénero en Victoria, Australia.[1] En decembro de 2014, Transgender Victoria gañou o Premio da Organización Comunitaria da Comisión Australiana de Dereitos Humanos.[2][3]
Transgender Victoria foi co-fundada por Kayleen White e Sally Goldner a finais dos anos 90. O actual presidente de TGV é Grace Lee. Outros membros do consello son Sally Goldner, Brenda Appleton, Lauren Christopher, Lou Cooper, Gavriil Aleksandrs e Nikki Joyce.[4]
Transgender Victoria presenta en transxénero e en xénero diverso temas para universidades e estudantes de medicina,[5] medios de comunicación[6] e moitos outros. Un proxecto What makes an Ally, en galego "Que fai un aliado", en colaboración con Ygender, promove a aceptación de persoas transxénero e de xénero diverso.[7] TGV tamén ofrece soporte de pares, en particular sobre problemas de ansiedade e depresión. TGV tamén ofrece formación en competencias culturais LGBT e intersexo na atención á terceira idade.[5]
TGV traballa en temas de incidencia social en colaboración con moitas outras organizacións, incluídas as proteccións contra a discriminación. O 25 de xuño de 2013, aprobouse a Lei de modificación da discriminación sexual por parte da Commonwealth (orientación sexual, identidade de xénero e estado intersexo) tras un traballo de promoción colaborativa e con apoio entre partidos. Fíxose lei o 1 de agosto de 2013.[8][9]
Transgender Victoria recibiu o "Premio á comunidade - Organización" 2014 da Comisión Australiana de Dereitos Humanos. TGV foi seleccionada "pola súa dedicación ó lograr xustiza, equidade e calidade de saúde e servizos comunitarios para as persoas transxénero, os seus socios, familias e amigos".[2][10][11][12]
TGV é membro da National LGBTI Health Alliance.