O Tratado de Lisboa (1668) foi un tratado de paz entre Portugal e España, asinado en Lisboa o 13 de febreiro de 1668, coa mediación de Inglaterra[1]. Neste tratado España recoñecía a soberanía da nova dinastía de Portugal, a Casa de Bragança.
Os principais acordos do tratado foron:
- Os Habsburgos finalmente recoñecían a lexitimidade da dinastía Bragança. A Infanta Catarina (1540–1614), filla da anterior duquesa de Bragança e avoa de João IV de Portugal, recibiu retrospectivamente o título de herdeira lexítima á coroa.
- A soberanía portuguesa sobre as súas posesións coloniais foi ratificada, excepto Ceuta, que non recoñecía á Casa de Bragança como nova dinastía.
- Acordos sobre o intercambio de prisioneiros e eventual restablecemento das relacións comerciais alcanzadas.[2]
- Cesión da cidade aricana de Ceuta a España. Sete anos antes, a cidade de Tánxer adxudicouse a Carlos II como parte do dote de Catarina de Bragança; estipulado no Tratado de Lisboa de 1661.
O Tratado de Lisboa tivo vantaxes para ambos países. España rematou cunha guerra economicamente ruinosa. Respecto a Portugal, conseguiu a posesión pacífica das súas colonias de ultramar.
Despois de 1668 Portugal quixo diferenciarse de España, para o que ampliou as súas relación con países da Europa occidental, especialmente Francia e Inglaterra. Así foi como consolidou a súa independenza, cultural e política de España. Daquelas, a sociedade portuguesa dividíase, entre aqueles que participaban no proceso de europeización e aqueles que non mudaron a súa actitude respecto á etapa de dominio español.[3]
- ↑ Frances Gardiner Davenport (1917): European Treaties Bearing on the History of the United States and its Dependencies to 1658
- ↑ Economy and Society in Baroque Portugal, 1668–1703 by Carl A. Hanson
- ↑ Republican Portugal: A Political History, 1910–1926 by Douglas L. Wheeler