Despois do reinado de Carlomagno moitas abadías cristiás foron obxecto de ataques viquingos. Houbo que establecer comandos militares baixo un xefe de territorio fronteirizo (marca) que orixinaron a marca de Neustria (os seus señores eran condes en función de comandantes de terras fronteirizas, pero non lles chamaban marqueses). Os reis carolinxios tamén construíron pontes fortificadas (como en Pont-de-l'Arche no Sena) que non deron parado os ataques.
Ao redor de 910-911, un xefe normando chamado Hrolf Ganger comezou unha expedición pola marca de Neustria pero foi derrotado ao pé das murallas de Chartres por unha coalición de aristócratas francos. Foi o momento escollido por Carlos o Simple para negociar, cousa que lle era urxente, porque quería apoderarse do reino de Lotarinxia sen medo á ameaza viquinga.
O texto non se conservou pero un historiador do século XI, Dudón de Saint-Quentin, explica o seu contido; non obstante quedan algunhas dúbidas sobre a veracidade da súa historia. As cláusulas foron:
Carlos o Simple concedeu a Hrolf Ganger a rexión entre «o Epte e o mar». Os historiadores non están de acordo sobre a extensión exacta da concesión; a maioría pensa que a doazón incluía os bispados de Rouen, Évreux e Lisieux, é dicir, a moderna Alta Normandía, e tamén o País de Auge. Pierre Bauduin suxire unha cesión aínda menor. Non era a primeira vez que un rei daba aos viquingos un territorio a cambio da paz. A finais do século IX o rei de InglaterraAlfredo o Grande concedera varios territorios que formaron o Danelaw.
Hrolf Ganger tiña que asegurara protección do reino especialmente contra os seus compatriotas normandos que tivesen a tentación de remontar o Sena. O xefe normando rendeu homenaxe ao rei. Neste punto, Dudón de Saint Quintin, con simpatía polos normandos, conta unha anécdota: Hrolf negouse a se axeonllar ante o rei en sinal de homenaxe e a lle bicar os pés; buscouse un compromiso e acordouse que un membro da comitiva de Hrolf fixese tales xestos no seu lugar; pero o normando, en vez de se axeonllar, levantou o pé do rei tan alto que o fixo caer.
O acto foi fundamental porque deu nacemento ao que foi o Ducado de Normandía. Hrolf e logo o seu fillo Guillerme Espada Longa dedicáronse a estender a concesión orixinal, especialmente á Baixa Normandía e a Bretaña. Hrolf respectou as cláusulas do tratado e abstívose de invadir as terras do reino. Despois do encarceramento de Carlos o Simple fixo algunhas incursións en Picardía.
Pierre Bauduin, « Des raids scandinaves à l’établissement de la principauté de Rouen », a '« La Normandie avant les Normands, de la conquête romaine à l’arrivée des Vikings » per Élisabeth Deniaux, Claude Lorren, Pierre Bauduin i Thomas Jarry, ', Rennes, 2002, ISBN978-2737311178
François Neveux, « L’aventure des Normands siecles VIII au XIII) », Librairie académique Perrin, París, 2006, ISBN2-286-02004-3
François Neveux, « La Normandie des ducs aux rois - siecles X au XII », Éditions Ouest-France Université, Rennes, 1998, ISBN2-7373-0985-9
François Neveux, « Traité de Saint-Clair-sur-Epte ». Archives de France, Actions culturelle et pédagogique, Célébrations nationales, Recueil 2011, Institutions et vie politique.
Jean Renaud, « Les Vikings et la Normandie », Éditions Ouest-France Université, Rennes, 1989, ISBN2-7373-0258-7
Jean Renaud, « La Normandie des Vikings », OREP, 2006, ISBN978-2915762068
Vissière, Laurent « Comment un Viking a créé la Normandie », Historia, n° 774, juin 2011, pp. 46–51.