Triatoma infestans

Triatoma infestans

Exemplar adulto de Triatoma infestans
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Heteroptera
Familia: Reduviidae
Xénero: Triatoma
Especie: T. infestans
Nome binomial
Triatoma infestans
Klug, 1834
Sinonimia

Triatoma infestans melanosoma Martínez, Olmedo & Carcavallo, 1987

Triatoma infestans é unha especie de hemíptero e o máis importante vector do parasito Trypanosoma cruzi, que pode provocar a enfermidade de Chagas. Está amplamente distribuído polos países do Cono Sur de América do Sur; en todos eses países, T. infestans é unha especie case exclusivamente doméstica, agás en Bolivia, onde as formas silvestres foron rexistradas en asociación cobaias salvaxes. A rexión uniuse ao control da Iniciativa Cono Sur, dirixida pola Organización Panamericana da Saúde.

Durante a segunda viaxe do Beagle, Charles Darwin anotou no seu diario o 26 de marzo de 1835 ter "experienciado un ataque, e non merece menos un nome, "Benchuca", o gran becho negro da Pampa. É moi repugnante sentir insectos suaves sen ás, de aproximadamente unha polgada de lonxitude, arrastrándose polo corpo; antes de succionar son bastante finos, pero despois redondos e inchados de sangue, e neste estado son esmagados facilmente". Richard Keynes describe este Benchuca como o Triatoma infestans.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]